CardioEscaleiras

En varias ocasións xa me tedes oído dicir “o corpo humano está deseñado para o movemento”.

Falando en concreto da musculatura, como tal materia viva ten a capacidade de adaptarse aos diferentes requerimentos da vida cotiá, ao movemento… e á pasividade. Unha masa muscular “de vacacións permanentes”, atrófiase, perde forza e volume.

Seguindo esta premisa, nesta ocasión expóñovos o decálogo de razóns polas que o teu organismo precisa que o tonofiques, que traballes esa forza e a resistencia muscular:

1.- Tonificar o corpo físico non significa converterse nun armario, nin que os glúteos se sitúen á altura da caluga. A práctica de exercicio físico encamiñado a tonificar e muscular enfócase na abordaxe saudable das actividades físicas cotiás, e a capacidade de adaptación a diferentes tipos de esforzo.

2.- Un corpo tonificado é sinónimo dunha postura corporal harmónica e reforza a autoestima.

3.- O traballo de tonificación física tamén actúa a nivel mental: refórzase a vontade e desenrrólase a concentración.

4.- O exercicio físico de tonificación axuda a liberar estrés, tonificar o Sistema nervioso e “pulverizar” tensións mentais reflectidas a nivel físico.

5.- Unha musculatura forte favorece a circulación sanguínea (maior aporte de nutrientes) e a linfática (maior eliminación de toxinas), así como reforza o noso Sistema Inmunitario e Endocrino.

6.- A práctica regular da tonificación muscular fortalece o corazón e funcións biolóxicas como a motilidade gastrointestinal (mellor dixestión, mellor absorción de nutrientes, mellor evacuación… menor intoxicación).

TonoEquilibrio

7.- Unha musculatura entrenada, que sabe cando ten que tensar e cando afloxar, que é quen de responder a cambios de intensidade e frecuencia de traballo, é unha musculatura que protexe as articulacións e cumple a súa función de sostén das vísceras.

8.- O exercicio físico tonificante mellora o equilibrio e axuda a previr tanto lesións como afeccións dexenerativas (artrose, osteoporose) que, no caso de xa ter feito acto de presencia, ralentizan o seu avance.

9.- Corpo tonificado, sinónimo de metabolismo activo. O consumo calórico aumenta, así como o aproveitamento de nutrientes.

10.- Co exercicio físico a pel recupera luminosidade e brillo saudables, así como combate a flacidez e a aparición de estrías.

Actividades de Acondicionamento e Benestar físico no Centro METYS

  Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-