Nesta nova entrada dedicada aos principais ingredientes tóxicos empregados en cosmética convencional e falsos EcoNaturais, trataremos sobre a presenza e impacto na nosa Saúde de produtos cuxa función é facilitar a mistura entre os distintos ingredientes, darlle máis ou menos consistencia á formulación final e  aportarlle unha propiedade particular.

1.- Entre os emulsionantes atopamos, como non, derivados do petróleo como a familia dos PEG (Polyethylenglycol), coñecidos polas siglas PPG ou remate da palabra en “-OXYNOL” ou “-ETH“.

Sintetízanse nas propias refinerías e empréganse en todo tipo de cosméticos para emulsionar a auga, os ingredientes graxos e os deterxentes. Provocan erosión dérmica que elimina o factor de protección natural da pel, e que así sexa máis “receptiva” a outras substancias… incluídas as tóxicas.

No INCI figuran coas siglas seguidas dun número, ou como “Ceteareth“, “Steareth“, “Sodium Laureth Sulfate“,…

Toxicos II2.- Siglas como DEA, MEA ou TEA fan referencia a ingredientes reguladoras da acidez do produto.  Son altamente contaminantes para o medio natural e, se o produto contén algún tipo de nitrito (ingrediente conservante), dan lugar á formación de nitrosaminas que son ingredientes máis que sospeitosamente canceríxenos.

3.- SLS, SLES (Sodium Lauryl Sulfate / Sulfoacetate, Ammonium Lauryl Sulfate, Disodyum Laureth,…), axentes espumantes altamente irritantes e bioacumulables (corazón, fígado, pulmóns, riles,…). Os efectos do uso continuado de produtos con estos ingredientes pode chegar a producir modificacións xenéticas (Máis info: Human Reproduction).

Un a ter moi en conta é o EDTA, ingrediente con propiedades espesantes, conservantes e acción “limpadora” bioacumulable (sobre todo en órganos como o fígado, riles e cerebro), e con alto poder quelante (únese aos metais pesados dando lugar a compostos de difícil degradación). (Máis info no artigo “Aseo persoal: ingredientes tóxicos“.)

Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-

Fontes informativas:

– CSIC (Consejo Superior de Investigaciones Científicas)

– Nicolás Olea (Catedrático de Mediciña na Universidade de Granada)

– EWG (Grupo de Estudos Medioambientais -USA-)

– Estudos publicados pola Universidade de Zürich

– Red Ecoestética