Terceira entrada dedicada ao “fascinante” mundo dos ingredientes en cosmética convencional e falsos EcoNaturais, así que… imos aló!!

1.- Os colorantes empregados na cosmética convencional, estrelas nos produtos de maquillaxe, son excelentes irritantes, canceríxenos e mutaxénicos.

No INCI figuran como “CI” seguido dun número. Aqueles números que comezan por 77 son de orixe mineral (ollo que, aínda así, algúns colorantes minerais conteñen metais pesados!!), os que comezan por 408 ou 75 son de orixe natural-vexetal e, os restantes, sintéticos puros.

Os sintéticos puros tamén poden figurar en formato abreviado (“HC“, “Pigment“,…), ou palabra rematada en “-anilin“, “-anilid“.

Toxicos III2.- Conservantes como os parabenos. Sí, xa sabemos que, á raíz de relacionalos coa xeración de cancro de mama, a inmensa maioría das firmas abanderaron o tip “libre de parabenos”, pero isto non quere dicir que se deixaran de empregar en combinación, por exemplo, cos ingredientes aromáticos da formulación final. Pode atoparse en champús, desodorizantes, dentífricos, lubricantes íntimos, produtos para o afeitado, a depilación,… (Butylparaben, Methylparaben, Propylparaben,…)

Os parabenos substituíronse polo phenoxyethanol, potente bactericida que incluso atopamos en produtos de hixiene íntima e para os máis cativos. A cuestión é que as substancias que se liberan na súa metabolización son neurotóxicas, inmunodepresoras e relaciónanse co desenrrolo de afeccións dérmicas como a dermatite.

No INCI pode figurar como: Phenoxyethyl alcohol, Rose ether, Glycol Monophenyl Ether,…

Un terceiro tipo de conservantes son o Folmaldehído e os seus liberadores. Relaciónase con dores de cabeza, fatiga crónica, alteracións do descanso nocturno, ulceracións, dermatite,…

Ingredientes no INCI que conteñan a palabra “-urea” ou as siglas “DM” pertencen a esta categoría.

O Bronopol, ademáis de ser de por sí tóxico, libera formaldehído e nitrosaminas, ambas substancias canceríxenas. (Lembrades o caso das cremiñas de Mercadona?!)

Especialmente sangrante, se cabe, é o caso do Ácido Bórico (Boric Acid) e o Borato de Sodio (Sodium Borate), conservante presente en produtos de coidado infantil (cremas para o coidado da zona do pañal, por exemplo).

Todos os aquí citados, e todos os que quedan no tinteiro (asegúrovos que a lista non é parca exactamente) son disrutores endocrinos e destrutores celulares de alta capacidade mutaxénica… unhas xoias.

3.-No apartado dos ingredientes desinfectantes destacan dous tipos de alcoles moi empregados no sector sanitario, e como conservantes na industria cosmética: Fenol (Nitropheno, Chlorophenol ou Phenolphthalein son as denominacións máis comúns) e Fenil (Phenylenediamine sulfate).

O primeiro é un tipo de alcol resultado da oxidación do benceno o que o convirte nun potente tóxico que afecta ao Sistema nervioso central, dermis, corazón,…

O segundo é especialmente agresivo coas células hepáticas e estase a relacionar con cancros bucais, disfunción renal, alteracións no Sistema nervioso,…

Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-

Fontes informativas:

– CSIC (Consejo Superior de Investigaciones Científicas)

– Nicolás Olea (Catedrático de Mediciña na Universidade de Granada)

– EWG (Grupo de Estudos Medioambientais -USA-)

– Estudos publicados pola Universidade de Zürich

– Red Ecoestética