Cuarto bloque dedicado aos ingredientes empregados na cosmética convencional no que repasaremos certas substancias a ter moi en conta.

Os Ftalatos son suavizantes e disolventes que lle aportan plasticidade a cremas, esmaltes de uñas, suavizan a formulación dun champú, fixan o aroma dunha colonia/perfume,…

Son disrutores endocrinos por excelencia, favorecen as afeccións respiratorias (por exemplo, episodios de asma), bioacumulables en órganos como os riles, fígado e que afectan á fertilidade e o desenrrolo fetal.

Podemos recoñecelos con denominacións como “Dimethyl Phthalate“, pero tamén os fabricantes os inclúen baixo as palabras “fragance“, “parfum” onde teñen cabida máis de 3.000 tipos de ingredientes (din que por cuestións de “privacidade da formulación”).

Toxicos IVA familia dos Isopropyl son ingredientes de orixe petroquímica, disolventes moi económicos e moi presentes en produtos como os exfoliantes, as cremas para as mans, champús,… Sospeitosamente canceríxenos.

Aos disolventes como o Tolueno pásalles algo parecido aos parabenos. Son deses ingredientes que se empregan para lavar a imaxe da firma destacando a súa ausencia. Atopámolo nos esmaltes de uñas e tamén nos tintes capilares. Relaciónase coa irritación ocular, dores de cabeza, fatiga,… e se resulta contaminado polo benceno pasa tamén a ser canceríxeno.

Outras lindeces que atopamos na cosmética convencional e nos falsos Econaturais son:

Hidroquinona (Hydroquinone): empregáse en cremas faciais para “branquear” a pel. Reduce a produción de melanina aumentando así o impacto das radiacións solares, produción de radicais libres, erosión dérmica, aparición de alerxias e dermatites,… Tamén o podemos atopar en tintes capilares.

Disolfuro de Selenio (Selenium sulfide): neurotóxico e axente canceríxeno que podemos atopar nos acondicionadores capilares e champús anticaspa.

– Produtos caústicos (destrutores dos tecidos) como o “Poliquaternium“, “Chloride“, “Quaternium“,… Empréganse na formulación de produtos para o baño. Reaccionan coa auga quente e penetran no organismo principalmente  polas vías respiratorias. Poden producir reaccións alérxicas e episodios de asma.

– O Buthilhidroxianisol (BHA) e o Butilhidroxitolueno (BHT) son antioxidantes que tamén se empregan na industria alimentaria. Relaciónase con disfuncións hepáticas, estomacais e endocrinas. Por sí mesmo non se considera canceríxeno, pero sí que a súa interacción con certas substancias é promotora do desenrolo do cancro. A industria alimentaria tamén os emprega.

Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-

Fontes informativas:

– CSIC (Consejo Superior de Investigaciones Científicas)

– Nicolás Olea (Catedrático de Mediciña na Universidade de Granada)

– EWG (Grupo de Estudos Medioambientais -USA-)

– Estudos publicados pola Universidade de Zürich

– Red Ecoestética