A industria química ao (des)servizo da Humanidade

Por regra xeral, cando pensamos en sustancias tóxicas o primeiro que se nos vén á cabeza son os residuos industriais, o fume dos coches, os pesticidas… pero neste artigo o que vós queremos sinalar é o feito de que, sen desprezar de xeito algún a alta produción de tóxicos a nivel industrial, nos nosos mesmos fogares tratamos con infinidade de sustancias nocivas que, silenciosa e silenciadamente, agreden diariamente ao noso organismo. Aquí tedes unha pequena mostra:

- O PVC, Poliestireno, Bisfenol A (BPA),… das botellas de auga, envases isotérmicos, os do leite, zumes, iogures, envoltorios de precociñados, conxelados, espátulas de cociña, cepillos de dentes, xoguetes,… conteñen Cloro que pode chegar a provocar enfermidades autoinmunes e a afectación da capacidade relacional das células.

- Sustancias como o Unicel e o Duroport presentes, por exemplo, nos cubertos desechables, forman unha capa de cera que recubre as células do fígado e as asfixia. Este mesmo dano prodúcese nas células de ambos intestinos.

- O contacto cos alimentos e as oscilacións de temperatura que sofren os materiais tipo papel de aluminio, plásticos ou similares que se empregan para cubrir os alimentos e comidas que gardamos na nevera, cociñamos ao forno, co que envolvemos as merendas dos nosos pequenos… asi como os envases tipo Tupper, xeneran unha gran cantidade de dioxinas que pasan directamente aos alimentos… que posteriormente comemos coa intención de que nos nutran (as dioxinas están presentes nunha ampla variedade de produtos que van dende os pesticidas ata utensilios plásticos de uso cotidiano. Son sustancias que se disolven nas graxas polo que os riles non as poden excretar pasando así a acumularse no fígado, páncreas e Sistema nervioso principalmente).

- No proceso de blanqueado e tintado dos tecidos da roupa do fogar e a de uso persoal, úsanse sustancias como os Nonilfenoles, sospeitosos de actuar como disruptores endocrinos (tomemos como exemplo a asunción das funcións da hormona Beta-estradiol secretada na segunda e terceira semana do ciclo menstrual, e que é a encargada de reparar os danos tisulares no endometrio producidos na menstruación anterior). Aínda que o seu uso está practicamente prohibido en toda a Unión Europea, non ocorre o mesmo en outros países nos que moitos fabricantes da industria textil ubican os seus maiores centros de produción. Estos residuos fíltranse na terra, vértense aos ríos, dos ríos pasan aos mares,…

- Os pesticidas que se empregan nos cultivos convencionais e masivos de algodón,  por exemplo, así como as sustancias derivadas do teflón que lle confiren aos tecidos unha maior facilidade para pasarlles o ferro e os organobromados que lles aportan capacidade ignífuga (resistencia ao lume), atravesan a nosa pel e as membranas provocando reaccións alérxicas de amplo espectro.

- Os tintes empregados na industria textil convencional presentan grandes e amplas cantidades de metais pesados de probada acción carcinóxena.

- Algúns tecidos como o Nylon, Polyester ou o Poliuretano son directamente derivados do petróleo… sen comentarios.

- Dentro dos produtos de limpeza do fogar, atopamos sustancias moi abrasivas como o amoníacoisopropanol, hidróxido sódico, bicarbonatos, colorantes, pigmentos e perfumes sospeitosos de provocar danos nas mucosas (vías respiratorias e ollos, principalmente) e desencadear a manifestación de diversos cancros.

- Na industria alimentaria empréganse aditivos varios –de orixe animal, mineral ou vexetal- altamente nocivos como son:

1.- Os colorantes (maioritariamente entre o número E-100 e o E-200). Podémolos atopar nos produtos afumados, batidos, sopas instantáneas, froitas en conserva, xelados, pastelería e bolería varia, golosinas,… A súa inxesta provoca alerxias, alteracións da función tiroidea, bloqueo da respiración celular, cancro,…

2.- Os Sulfitos son responsables de danos a nivel gastrointestinal e do Encéfalo (destrución das Sinapsis que son as conexións que se establecen entre as neuronas, ou entre neuronas e células efectoras como poden ser os Linfocitos).

3.- Os Nitratos e os Nitritos provocan cefaleas e certos tipos de cancro (empréganse moito na elaboración dos embutidos, encurtidos, conservas varias, afumados, aperitivos, precociñados,…).

4.- Saborizantes como o Glutamato monosódico (E621 presente en aperitivos salados, sazonadores para carne, os conxelados,…) Entre as consecuencias da súa inxesta destacamos a afectación da rexión do Encéfalo que regula a sensación de apetito-saciedade,  cadros de debilidade, dor de cabeza, ardor estomacal,…

5.- Edulcorantes (Sorbitol –E420-, Manitol –E421-, Maltitol –E965-, Xilitol –E967- e Aspartamo –E951- entre outros). Degrádanse no organismo en sustancias provocadoras de tumoracións cerebrais, entre outras patoloxías.

- Nos produtos de hixiene e coidado persoal atopamos este tipo de ingredientes:

1.- Subprodutos da industria petroquímica como a parafina e a vaselina (podemos identificalos con denominacións tales como paraffinum liquidum, ozokerite, cera microcristalina, petrolatum,…). Son aceites cun moi baixo custo de produción… e tamén altamente canceríxenos. Os produtos que os conteñen fan que a nosa pel apareza brillante e teoricamente hidratada, pero isto só é en teoría. Na práctica, este tipo de ingredientes “extraen” a hidratación da pel ata a epidermis provocando a sequedade dos tecidos inmediatamente inferiores e, co uso continuado, tamén dos internos (sí, sí, falamos dos órganos!!). Ademáis, recubren a pel taponando os poros e impedindo que sexan expulsadas moitas toxinas (se non saen, cara onde irán?!).

2.- Similar acción presentan os emulsionantes dos que se empregan decenas deles tanto en xeles de baño, champús, hidratantes corporais e faciais, produtos de hixiene íntima, pastas de dentes,… Son os denominados PEG ( Glicol polietileno), ingredientes non inocuos froito da síntese do Etileno –sustancia explosiva empregada na I Guerra Mundial, por exemplo-. Diversos estudos de institucións e universidades de prestixio confirman a súa acción mutaxénica e, por ende, carcinóxena. Na composición figuran como PEG seguido por un número, ou a palabra rematada en -eth (steareth, ceteareth,…).

3.- Dentro dos tensioactivos (bases lavantes) atopamos o perigoso Sodium Lauryl Sulfate. Contén  as xa citadas dioxinas responsables de irritacións e alteracións no manto hidrolipídico da pel. O seu simple contacto fai que se acumule nos tecidos do corazón, fígado, pulmóns e incluso o cerebro. Interactúa con outros ingredientes favorecendo a aparición do cancro, deprime o Sistema Inmunitario en xeral e modifica o material xenético contido nas nosas células, entre outros “envidiables” efectos.

4.- Cun alto potencial alérxico atopamos a familia dos parabenos (methylparaben, ethylparaben, butylparaben,…). A súa capacidade imitadora das funcións dos estróxenos os fan máis que sospeitosos de provocar cancros como o de mama.

5.- Moitos dos conservantes empregados na cosmética convencional son liberadores de Formaldehído, axente antimicótico tóxico coa súa “simple” inhalación. Como o emprego directo do Formaldehído está prohibido na industria cosmética en moitos países, os fabricantes crearon estas sustancias que non son propiamente o Formaldehído, pero que sí o liberan. Podemos recoñecelas fundamentalmente de dúas maneiras: cando a palabra que denomina ao ingrediente acompáñase de “urea” (diazolidinil urea, poliximetileno urea), ou cando é precedida polas letras “DM” (DM hidantoina, por exemplo).

6.- Minerais como o Aluminio (o Clorhidrato de Aluminio dos antitranspirantes), Bismuto, Mercurio (presentes na maquillaxe e produtos de desmaquillaxe dos ollos), Níquel ou Plomo que podemos atopar nunha amplísima gama de produtos de hixiene e coidado persoal, acumúlanse no noso organismo chegando a provocar molestias gástricas e problemas renais. Por poñer un exemplo, un estudo levado a cabo pola OMS na década dos noventa (ou sexa, onte) froito da realización da autopsia a doentes que padeceran Alzheimer, revelou as grandes concentración do mineral Aluminio nos seus tecidos cerebrais. Este estudo propiciou que se efectuaran algúns máis posteriormente que permitiron comprobar que o Aluminio pode unirse ao ADN celular modificando a súa estrutura e alterando a actividade xenética.

- Cabe unha especial mención para os efectos do talco, sustancia quimicamente moi similar ao Amianto coñecido por ser responsable de provocar cancro de pulmón. O talco está presente nas bases de maquillaxe, polvos antitranspirantes,… e nos que se lle botan aos bebés para previr irritacións (tamén, sen comentarios).

Recomendámosvos o visionado do seguinte vídeo de Nicolás Olea (Catedrático de Mediciña interna na Universidade de Granada) sobre os “Tóxicos cotidianos” e a lectura  do libro “Otra manera de vivir” onde a prestixiosa primatóloga Jane Goodall recopila as conclusións das súas investigacións sobre o impacto negativo dos pesticidas e produtos químicos na industria alimentaria.

Dende METYS Formación e Saúde Integral poñemos esta información á vosa disposición avogando por un consumo responsable tanto na cantidade de produtos que adquirimos como na súa calidade por que nelo xógase tanto a nosa Saúde como a do Planeta Terra.

Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-