“Compostela en Negro” é unha campaña para visibilizar a oposición á violencia de xénero.

Esquecemos, con todo, que dita violencia non é algo puntual e que para evitar esta “lacra social” é necesaria a educación en valores. Indignarnos cando unha muller morre ou adicarlle un día non é para nada suficiente na loita construtiva contra o sinsentido da violencia.

E a perplexidade vese aumentada cando nalgún concello convócanse “quedadas” de baile para conmemorar o día contra a violencia de xénero. Así, unha conmemoración para reflexionar, replantexarse comportamentos e fomentar cambios de actitudes, convértese unha vez máis nunha escusa para actividades comerciais, festeiras, de publicidade.

Hai actitudes machistas, e non só nos homes, cando se acusa á parella dunha muller por non acompañala-axudala-levala aquí ou alá, como se a muller non tivera dereito á sua independenza, ou argumentos de control coa escusa do amor ou a seguridade.

Só temos que preguntar quen é o responsable cando unha muller sofre esta violencia: o 90% dos adolescentes din que a propia muller por poñerse en perigo e actuar irresponsablemente, por non ter denunciado, por levar certo tipo de roupa, porque un home non a protexeu, por actuar pola súa propia vontade… e case ningún dirá que o responsable é o que leva a cabo a violencia.

transparenciaviolenciaxeneroCulpabilízase á vítima se é muller e así apláudese nun estadio a un acusado de malos tratos, mentres se entonan cantos insultantes hacia a muller. Por suposto, ningún dos espectadores recoñecerá ser machista ou falto de valores.

E non nos enganemos, o machismo non é exclusiva dos homes. Podemos ver mulleres con comentarios machistas sobre outras mulleres nas redes sociais ou en intervencións nos medios de comunicación.

Agora que os anuncios do Nadal arrincan con forza non estaría de máis fixarnos no sexismo de determinadas marcas de perfumes ou de roupa e reflexionar se é realmente o que queremos mercar, a imaxe que queremos compartir, os valores a fomentar,…

E non esquezamos o emprego das novas tecnoloxías como medio de acoso e violencia.

Se non hai unha campaña real e non de marketing para cambiar crenzas e actitudes espérannos mil invernos máis.

Concepción Rozas