No conto de Hans Christian Andersen aquel que non puidese ver o traxe era un estúpido. Realmente non existía tal traxe, pero ninguén, por  temor ao descalificativo, era quen de prantexar o evidente: o emperador estaba espido.

Lucrativas apócemas máxicas

Vivimos tempos comprexos e por correo electrónico, vídeos na internet ou nas redes sociais recibimos mensaxes de claro tinte optimista para traballar e ser felices. Coma si fose unha apócema máxica, dinnos que si cremos nas nosas capacidades, temos mente positiva e xestionamos as nosas emocións, o futuro depararanos triunfo no noso traballo, nas nosas relacións e venceremos a crise coma se tivésemos unha capa de superheroe.

Parece que o que non o crea a pés xuntillas recibíndoo coma un elixir que só hay que crer para que resulte… é un estúpido. A diferenza do conto, non todo é falso, pero igual que naquel, habería que cuestionarse a variña máxica que nos venden. E se a todos os “vendedores de traxes dourados” lles preguntáramos como facelo, sorprenderiámonos dos poucos que realmente ensinan estratexias eficaces e realistas de superación e afrontamento. Porque non é só unha cuestión de fe, senón tamén de traballo persoal.

A cuestión non é o fin, senón o proceso, COMO FACELO, COMO APRENDER. É importante buscar profesionais que a nivel persoal ou laboral, individual ou colectivamente nos formen en técnicas e estratexias condutuais, psicolóxicas e emocionals que podamos aplicar na nosa vida cotiá. E neste camiño, desenganémonos… non hai atallos.

O encanto do sinxelo

Desfrutemos do instante da “superficialidade” dos debuxos, charlas, humor, música e aforismos dos “magos”, pero estemos alerta e elixamos aos auténticos profesionais que poden guiarnos polo camiño da aprendizaxe en profundidade cara ao benestar, con traballo e constancia.

Teñamos presente este conto clásico-básico para desenmascarar aos que nos venden fórmulas máxicas para, por exemplo, ser felices.

Concepción Rozas -Psicóloga clínica-