Xunto coa alga espirulina, a chlorella -alga unicelular de auga doce- é un auténtico diamante de clorofila, antioxidantes e aminoácidos (contén os oitos aminoácidos esencias, polo que as súas proteínas son completas).

Tamén destaco a súa riqueza en vitaminas do grupo B, fibra e Magnesio-Calcio-Zinc-Ferro.

As propiedades que máis salientables considero son:

Acción “detox”: o inositol que contén evita a fixación de graxas no fígado e nas arterias, así como que é unha substancia queladora de metais pesados (mercurio, plomo, cadmio,… altamente tóxicos e “teñen preferencia” por fixarse nos nosos tecidos, véxase o cerebro, intestino,…)

Efecto alcalinizante: a combinación de antioxidantes xunto co seu  contido en clorofila depura o sangue e equilibra o ph de fluídos e tecidos.

Acción cicatrizante: estimula a curación das mucosas danadas, polo que nos cadros de inflamación intestinal e hiperpermeabilidade a chlorella é unha grande aliada.

Acción prebiótica e probiótica: novamente a clorofila xoga un papel fundamental nestas dúas propiedades das que o noso intestino é un dos maiores beneficiados. Diminúe a proliferación de bacterias microorganismos patóxenos. Ademais, a chlorella posúe no seu núcleo unha substancia chamada “Factor de Crecemento Chorella” composto por aminoácidos e ácidos nucleicos que “acelera” a súa capacidade de rexenerar as nosas células e a proliferación de bacterias lácticas que contribúen a un bó estado do noso Sistema inmunitario.

Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-