Salud, Nutrición, Alimentación verde de Outono

Acelgas: tanto para tomalas en ensalada (asegurádevos de que están o suficientemente tenras) como ao vapor. As acelgas son moi dixestivas e axudan na regulación do tránsito intestinal, a maiores de reducir o ácido úrico e as molestias provocadas por afeccións reumáticas.

Salud, Saúde, Alimentación, Nutrición

Alcachofas: imprescindible en casos de hipercolesterolemia, hipertensión, diabete, afeccións cardiovasculares e trastornos hepato-biliares grazas ao seu contido en ácidos oleico, linoleico e cafeico. A nivel intestinal, axudan a regular o tránsito dada a cantidade de inulina que aportan. Tamén destacan polo seu contido en vitaminas do grupo B (tónicas do Sistema nervioso) e minerais como o Ferro, Magnesio, Potasio e Fósforo.

Berenxenas: moi poucas calorías, baixas en graxas e alto contido en fibra, resultan ideais para a elaboración de nutritivos e lixeiros pratos. É un dos verdes máis axeitados para o fortalecemento do Sistema inmunitario, especialmente durante procesos tumorais grazas ao seu contido en substancias terpénicas.

Saúde, Salud, Nutrición, Alimentación de Outono, Alimentación de Otoño

Cabaza: a tríada vitamino-antioxidante A-C-E destaca neste simpático vexetal (protección extra fronte a afeccións dexenerativas, cardiovasculares e tumoracións). Resulta moi dixestiva, depurativa e estimulante das funcións visuais.

As súas sementes conteñen unha soberbia cantidade de Zinc, oligoelemento esencial na síntese de proteínas e na saúde dos tecidos brandos, uñas e cabelo. Especialmente recomendable para os cativos, embarazadas e na menopausia.

Cenoria: tubérculo dispoñible todo o ano polo que no Outono tamén o destaco. Recórdovos a súa dixestibilidade, poder antianémico e antioxidante, a maiores da súa función protectora da vista e os tecidos brandos.

Saúde, Salud, Alimentación, Nutrición activa, Outono, Otoño

Familia das coles: xunto coa Granada, a familia das coles merece unha mención especial en exclusiva. Aquí destácovos as súas virtudes antioxidantes e remineralizantes. O seu contido en Azufre as fai especialmente indicadas fronte ás afeccións do aparato respiratorio e en caso de eccemas e seborrea.

 

Guisantes: os Sistemas cardiovascular e nervioso son os grandes beneficiados pola inxesta destas perlas verdes. Conteñen altas cantidades de vitaminas B e C, así como son ricos en minerais como o Ferro e o Magnesio.

Recomendo especialmente a súa inxesta en cativos e persoas maiores dado que o mineral Magnesio é necesario para a síntese das proteínas e, polo tanto, o crecemento dos tecidos e a renovación celular en xeral. O Calcio, Ferro e Fósforo que conteñen contribúen á xeración de enerxía corporal, manter alonxadas as anemias e previr a osteoporose.

Saúde, Salud, Alimentación consciente, Alimentación activa

Destaco o seu contido en fibra insoluble que estimula o peristaltismo intestinal axudando a evitar a aparición de estrinximento, acumulación de toxinas, desequilibrios na flora intestinal,…

Puerros: esta tenra “vasoira” vexetal é un dos alimentos verdes máis ricos en carotenoides, substancias antioxidantes que ralentizan o envellecemento celular e minimizan o agresivo impacto dos radicais libres. Pero tamén son ricos en Potasio (contracción muscular) vitamina B6 (anti-fatiga), Fósforo (saúde ósea, equilibrio ácido-alcalino), Calcio (reparación das membranas celulares) e Vitamina E (saúde arterial, formación de glóbulos vermellos).

Setas e Champiñóns: se ben teñen poucos Hidratos de carbono e Proteínas, compensa a súa inxesta pola cantidade de Minerais e Vitaminas que aportan.

Saúde, Salud, Alimentación Consciente, Outono, Nutrición en Otoño

Entre os minerais destaca o seu contido en Potasio (contraresta un posible exceso de Sodio mantendo así o equilibrio hídrico intra e extra celular e reducindo a retención de líquidos) e Fósforo (formación dos ósos, dentes, actividade mental -e tamén a súa tranquilidade) e, sobre todo, o Selenio (potente antioxidante que ralentiza o deterioro celular e axuda a eliminar metais do corpo -especialmente útil nas persoas fumadoras-. Estanse a estudar, en concreto, as súas propiedades anticancro.).

No tocante ás vitaminas, as raiñas son o grupo B, especialmente B2 -Riboflabina- e B3 -Niacina- (tonificación do Sistema nervioso e saúde do cabelo e as uñas. Tamén contribúen ao bó estado da vista e aumento das defensas corporais.).

Verdes de ensalada (endivias, escarola,…): en Outono podemos elaborar as nosas ensaladas mornas con cama de endivias, escarola, rúcula aproveitando a hidratación e antioxidantes que calquera delas nos aportan.

Xudías: os carbohidratos da horta moi, moi ricos en fibra, vitamina B9, Potasio, Magnesio e Ferro. Polo tanto, resultan moi útiles na evacuación intestinal, metabolización de proteínas, formación de glóbulos vermellos, regulación das contraccións musculares e actividade cardíaca, e reforzo das funcións tiroideas.

Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-