Riqueza Verde de tempada, Sá alimentación tamén no Verán.

Acelgas: dixestivas, emolientes, combaten o estrinximento e as irritacións do tracto urinario. De alto contido en antioxidantes, o seu consumo está especialmente indicado en persoas con sobrepeso, afeccións reumáticas e propensión ás irritacións do tracto urinario. Cando son moi tenras, convirten a túa ensalada nun prato de autor.

Allo: estrela de oito puntas minerais en toda ensalada que se preste. Potente antibiótico e funxicida natural que tamén axuda a regular o colesterol, a tensión arterial e os procesos de índole reumática.

Berenxena: contén tanto ácido cloroxénico como o café verde o que lle confire propiedades detoxificantes e anti-envellecemento prematuro. Tonifica o aparato dixestivo estimulando suavemente o fígado, vesícula e páncreas.

Cabaza, Cabaciño, Pepino: dixestivas, depurativas e altamente remineralizantes. Moi indicadas para as persoas con artrite, cistite, deficiencias visuais e hipercolesterolemia.

Cebola: tonificante dixestiva que combate as fermentacións nocivas froito dunha deficiencia enzimática, mala combinación/exceso de alimentos,…

Cenoria: dixestiva e antianémica, e a cenoria unha das raíñas dos betacarotenos (micronutrientes protectores da vista, pel, cabelo, mucosas e favorecedores da pigmentación da pel). Antioxidante onde as haxa fronte a patoloxías crónicas e/ou dexenerativas.

Pemento: punto de gracia nas túas ensaladas. O pemento é moi rico en antioxidantes, especialmente Vitamina C (contén máis cantidade que os cítricos) actuando preventivamente fronte a infeccións e enfermidades dexenerativas.  A maiores, os pementos vermellos conteñen máis Licopeno, substancia protectora da vista.

Puerro: xunto coa cebola é un dos vexetais con maior contido en substancias azufradas moi aconsellables en caso de irritacións do aparato respiratorio. A súa riqueza en fibra fai del un bó alidado do tránsito intestinal. Versátil para uso en crú, cremas e sopas.

Tomate: explosión de antioxidantes e minerais, o consumo de tomate como froita é unha verdadeira delicia. Axuda a dixerir os hidratos de carbono e apoia a prevención de enfermidades dexenerativas e doenzas cardíacas.

Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-