Vitamina A (Retinol): esencial para o crecemento. Beneficia o correcto desenrrolo da estrutura ósea, o tecido dérmico e a vista, así como mantén en bó estado as mucosas e o Sistema inmunitario. Tamén favorece o crecemento do feto e participa no metabolismo do colesterol. Podémola atopar en alimentos como a leite e derivados, verduras de cor verde, froitas de cor amarelo, cenouras e o brotes de soia. Tanto a súa carencia como o seu exceso son perxudiciais para o noso organismo (problemas de cegueira nocturna e cadros de intoxicación crónica).
Vitamina D (Calciferol): resulta esencial para a correcta absorción do Calcio e Fósforo contribuindo á formación do tecido óseo e dos dentes (especial importancia na fase de crecemento e durante a xestación). Os alimentos que máis a conteñen son os lácteos e o peixe. En menor cantidade, tamén a podemos atopar en vexetais como as espinacas, os froitos secos e as sementes. A súa carencia produce debilidade, dores crónicas, fatiga, psoriase podendo chegar a provocar raquitismo e a formación de osos fráxiles. Diversos estudos relacionan a súa carencia coa aparición de certos cancros (ovario, mama, próstata, colon,…)
Vitamina E (Tocoferol): ralentiza o envellecemento celular e axuda a previr a obstrución das arterias e as inflamacións musculares. Contribúe á produción de Glóbulos vermellos e fortalece o Sistema inmunitario. Alimentos nos que está presente son os aceites vexetais, sementes, cereais integrais, verduras de follas oscuras, aguacates, espárragos, froitos secos (maioritariamente nas noces) e os ovos.
Vitamina K: regulariza a mineralización ósea, intervén na normal coagulación do sangue e axuda na sintetización de Proteínas. Atópase nas verduras de follas verde escuro, cereais integrais e algún tipos de algas. A súa carencia conleva un alto risgo de hemorraxias internas, malformación ósea, calcificación dos cartílagos e depósitos de Calcio nas paredes das arterias.
Ana Sánchez -Naturópata, Osteópata-